HomeA CoruñaA Policía Autonómia realizou máis de 21 dispositivos esta fin de semana...

A Policía Autonómia realizou máis de 21 dispositivos esta fin de semana na provincia da Coruña para controlar as medidas ante a Covid-19

- Anuncio -spot_img

No marco destes controis os axentes levaron a cabo 114 inspeccións, en 7 concellos da provincia coruñesa, e identificaron a 15 persoas

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo, durante esta fin de semana do 12 ao 14 de marzo, 21 dispositivos na provincia da Coruña no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 114 inspeccións e identificaron a 15 persoas en sete concellos da provincia na pasada fin de semana, que deron como resultado a a tramitación de 20 actas de infracción, 15 delas por non levar máscaras e outras 5 por saltarse o toque de queda.

En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Leváronse a cabo dispositivos en sete municipios da provincia: Ames, A Coruña, Negreira, O Pino, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo.

Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.

Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

Publicacións Relacionadas