A cidadanía responde positivamente á segunda edición desta iniciativa do Concello, en que se proxectarán de forma gratuíta as catro películas finalistas dos XIX Premios Mestre Mateo
A cidadanía está respondendo positivamente á
chamada do audiovisual e xa son poucas as invitacións dispoñibles para a segunda
Semana do Cinema Galego, que terá lugar do 25 ao 28 de marzo no Teatro Colón. As
persoas interesadas poderán asistir de balde ás proxeccións das catro películas
finalistas dos XIX Premios Mestre Mateo, que se distribuirán deste xeito:
“A Illa das mentiras”, xoves 25
“Ons”, venres 26
“Arima”, sábado 27
“Lúa Vermella”, domingo 28
Todos os pases darán comezo ás 19.00 horas e os convites poderán retirarse en
https://corunacultura.sacatuentrada.es/. Antes da película, haberá un debate con
algunha das persoas protagonistas, que tamén se poderá seguir en streaming.
A gala dos premios do audiovisual galego terá lugar o 10 de abril no teatro coruñés. O
tirón que está tendo esta iniciativa do Concello dá boa conta da enorme calidade do
cine que se está facendo en Galicia, “un potencial que as administracións debemos
apoiar”, sinalou a alcaldesa, Inés Rey.




