HomeA CoruñaExpertos internacionais abordarán na Coruña o legado de Emilia Pardo Bazán desde...

Expertos internacionais abordarán na Coruña o legado de Emilia Pardo Bazán desde novas perspectivas

- Anuncio -spot_img

Hoxe presentouse na Real Academia Galega o Congreso Internacional “Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois” que se completará con diversas actividades culturais e cunha exposición sobre a autora organizada pola Biblioteca Nacional de España que terá lugar no Kiosko Alfonso

Esta mañá tivo lugar na Real Academia Galega o acto de presentación do Congreso Internacional Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois, organizado polo Concello, dentro do programa EMP100, a RAG, a Universidade de Santiago de Compostela e o Consello da Cultura Galega. Un simposio que reunirá a finais do mes de outubro na Coruña e Santiago de Compostela a expertas/os internacionais que analizarán a obra da autora desde novas perspectivas. No acto, presidido polo presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes; a dirección da Área de Cultura do Concello da Coruña; a vicerreitora da Cultura da USC, Mar Lorenzo Moledo; a presidenta do CCG, Rosario Álvarez Blanco; e o director do comité científico do congreso, José Manuel González Herrán, avanzaron o programa que reunirá na cidade ás grandes voces expertas na autora e que se completará cunha exposición no Kiosko Alfonso sobre a escritora que organiza a Biblioteca Nacional de España. A Concellería de Cultura que dirixe Inés Rey lembra que este congreso será un dos eventos principais deste 2021 que desde o Concello bautizouse como EPB100, buscando unha denominación acorde aos nosos tempo, que reflicta tamén a modernidade que ela representou na súa época, cando rachou con moitos moldes, ao seu xeito, claro, inmenso e polo tanto ás veces contraditorio. Desde o Concello estase a traballar en tres grandes liñas. Por un lado, a que ten que ver coa magnitude da obra da escritora e a súa capacidade para acometer calquera xénero. En segundo lugar, o Concello está a prestar especial atención ao feminismo de Emilia Pardo Bazán e, por último, céntrase en promocionar o vencello que Pardo Bazán estableceu coa súa cidade, á que chamou Marineda. O congreso que se presentou hoxe será un dos fitos dos máis de 40 eventos que temos en axenda na cidade para conmemorar este EPB100.

Publicacións Relacionadas