HomeA CoruñaSuspéndese a sesión do 22 de marzo de Poetas Di(n)versos que ía...

Suspéndese a sesión do 22 de marzo de Poetas Di(n)versos que ía protagonizar María do Rosario Pedreira, ao non se poder desprazar

- Anuncio -spot_img

A cita en que o galego Xavier Rodríguez faría parella no escenario do Centro Ágora coa dita poeta posponse até que a situación sanitaria permita os desprazamentos entre o país luso e Galicia
Debido ás restricións pola COVID-19 que impiden que estea o día 22 no ciclo Poetas Di(n)versos a poeta portuguesa María do Rosario Pedreira, o Concello suspende a sesión que a escritora ía protagonizar no Centro Ágora xunto a un dos nomes máis recoñecidos da lírica galega: Xavier Rodríguez Baixeras. Canto se restableza a normalidade, a Concellaría de Cultura anunciará unha nova data para desfrutar en directo destes autores.

Publicacións Relacionadas