HomePontevedraDomínguez, sobre declarar persoa non grata a Ignacio de Colmenares: “Pediría deixar...

Domínguez, sobre declarar persoa non grata a Ignacio de Colmenares: “Pediría deixar de lado os insultos e que se empezase a traballar por crear emprego na cidade”

- Anuncio -spot_img

O presidente dos populares de Pontevedra, Rafa Domínguez, valorou a decisión do Goberno local de declarar persoa non grata ao conselleiro delegado de Ence: “5.000 familias vanse á rúa e esta é a única medida do Concello”

“Nos últimos 20 anos, Lores non foi capaz de atraer nin unha soa empresa a Pontevedra. En cambio, sente orgulloso de botalas. Temos un alcalde que non busca manter o emprego que se destruirá #ante unha posible marcha de Ence”

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, valorou este martes a decisión do BNG e do PSOE de declarar como persoa non grata ao conselleiro delegado de Ence, Ignacio de Colmenares: “Esta decisión é a única iniciativa que se tomou desde o Concello mentres 5.000 familias pódense ir á rúa”. O popular recalcou que a biofábrica supón case un 30 por cento do PIB da cidade, e que unha posible marcha da empresa “supoñería un golpe abismal para moitos pontevedreses que, nun ano tan dramático, agora ven perigar o seu sustento”.

“Nos últimos 20 anos, Lores non foi capaz de atraer nin unha soa empresa a Pontevedra. En cambio, o Goberno local sente orgulloso de botalas. Temos un alcalde que non traballa para xeral emprego e industria, e aínda peor, tampouco busca manter o emprego que temos. Pontevedra ten un grave problema de desemprego, que se verá acentuado #ante unha posible marcha de Ence, Van celebrar tamén que centos de pontevedreses queden sen traballo?”, mantivo o popular.

Sobre unha mesa de traballo na que analizar as posibilidades de futuro de ENCE en Pontevedra, unha petición dos socialistas, Domínguez foi firme: “Desde logo non é a mellor das estratexias o pedir diálogo e só catro días decidir nomear persoas non grata a unha das persoas que participarían nese foro. Só queren perder o tempo”.

Publicacións Relacionadas