HomeA CoruñaO Concello iniciará mañá as obras de mellora na capa de rodadura...

O Concello iniciará mañá as obras de mellora na capa de rodadura e sinalización na avenida Canido e na rúa Boa Vista

- Anuncio -spot_img

O goberno local incide na “relevancia destas intervencións”, que servirán para “incrementar a seguridade viaria en ambas vías.”

O Concello de Malpica comezará mañá os traballos de mellora na capa de rodadura e sinalización horizontal na avenida Canido e na rúa Boa Vista, que contarán cun importe de 27.225 euros.

Estes consistirán na aplicación dunha capa de rodadura e instalación de sinalización horizontal, que servirá para mellorar a seguridade viaria de peóns e condutores.

Obsérvanse tamén numerosos baches, así como o cuarteamento na pavimentación. Estas anomalías serán subsanadas para o correcto mantemento das mesmas.

Nas tarefas previas, limparanse as cunetas nos espazos de tránsito, realizarase o bacheo pertinente e incrementaranse a profundidade das arquetas, tapas, sumidoiros e outros elementos das redes no pavimento.

O goberno local incide na “relevancia destas intervencións para solventar o estado do firme nestas dúas vías, e incrementar así a seguridade viaria, algo prioritario para nós.”

Publicacións Relacionadas