HomeA CoruñaFene acolle un curso sobre esoutras habilidades necesarias para incrementar as posibilidades...

Fene acolle un curso sobre esoutras habilidades necesarias para incrementar as posibilidades de atopar traballo

- Anuncio -spot_img

A Casa da Cultura de Fene acolle estes días un curso de habilidades sociolaborais para busca de emprego, no marco do Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade dos Concellos da Comarca de Ferrol 2020/2021. Asisten 15 persoas e vai dirixido a mulleres desempregadas dos Concellos de Fene, Ares, Cedeira, Cabanas, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño.

O obxectivo principal desta acción formativa é mellorar a empregabilidade e facilitar a inserción laboral das participantes, ofrecéndolles para iso contidos que lles axuden a potenciar as habilidades sociais no ámbito laboral -ou “soft-skills”- como son, por exemplo, a proactividade, a empatía, a asertividade ou a escoita activa. Unhas habilidades que teñen tanta ou incluso máis importancia que a capacitación necesaria para desempeñar calquera tipo de traballo.

Alén deste curso, o Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade tamén inclúe accións en distintas materias -atención sociosanitaria, administración, comercio e loxística, carnizaría, peixaría, etc-, xunto con sesións individuais de orientación e asesoramento e prácticas profesionais non laborais en empresa para cada especialidade.

A presente edición deste programa intermunicipal marcou como obxectivo acadar, polo menos, un 35% de incorporacións ao mercado laboral. O proxecto ten unha duración de 12 meses e conta con financiamento da Xunta e do Estado.

Publicacións Relacionadas