HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCubela busca a autorización de Fomento para convertir o vello cuartel da...

Cubela busca a autorización de Fomento para convertir o vello cuartel da Garda Civil de San Xurxo en 9 vivendas sociais previo investimento de 1.400.000 euros

- Anuncio -spot_img

• “Estamos traballando cun estudio de arquitectos nun anteproxecto e estamos dispostos a apostar por esta iniciativa, pero precisamos que Fomento nos dea garantías de que non nos vai poñer problemas para afrontar a rehabilitación do edificio”
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, solicitou información por escrito a Fomento para coñecer a disposición do Ministerio para permitir a rehabilitación do antigo cuartel da Garda Civil en Barbeitos (San Xurxo de Sacos) co fin de convertilo en 8 ou 9 vivendas sociais despois de investir 1.400.000 euros no proceso de reconversión deste edificio protexido por Patrimonio para a súa habitabilidade.
A intención do alcalde Jorge Cubela é adquirir este edificio que se atopa en situación de ruína e abandono total e proseguir coa súa política social de favorece-lo acceso a unha vivenda digna ás familias que queiran vivir no municipio contribuíndo deste xeito a fixar poboación.
Para elo, Cubela xa ten bastante avanzados os trámites que xiran en torno a un anteproxecto construtivo elaborado por un estudio de arquitectos que valora en 1.400.000 euros o investimento necesario para transformar este coñecido edificio, que linda coa estrada nacional N-541 e en situación de ruína, e darlle unha segunda vida como vivendas de carácter social e de fácil acceso para as familias que queiran vivir no municipio. Concello de Cerdedo-Cotobade Cubela espera unha resposta positiva do Ministerio de Fomento para
desenvolver tódolos trámites necesarios xa que debido á envergadura do investimento o alcalde precisa que desde a administración central non se lle poña traba algunha a este proxecto como xa se ten feito para outros edificios para os que se ten solicitada unha intervención similar e pola proximidade á N-541 foron denegados.
“Dirixímos nos por escrito ao Ministerio de Fomento para que nos informe da súa disponibilidade a permitirnos, unha vez que nos fagamos coa propiedade do edificio, rehabilitalo para convertilo en 8 ou 9 vivendas sociais posto que o investimento é moi importante e non queremos atoparnos con contratempos sobrevidos. Unha vez que temos todo ultimado, precisamos ter garantías fehacientes do Ministerio de Fomento de que nos van a permitir actuar sobre este edificio que é colindante coa N-541, que está en
ruína e ofrecendo unha pésima imaxe, e sabemos que a autorización para obrar, para face-la rehabilitación, depende exclusivamente do Ministerio”, indicou Jorge Cubela.
O anteproxecto que elaborou o estudio de arquitectos prevé a rehabilitación do edificio conservando a fisonomía actual, é dicir, coa conservación de elementos singulares que identifican esta construción como son as antigas garitas onde se facía garda, pero adaptando todo o edificio por dentro ás necesidades de operatividade e de habitabilidade dun inmoble do século XXI.
Así, o ante proxecto prevé a conservación da estrutura de pedra e os muros exteriores da facha principal (á que dá a estrada N-541) e unha redistribución do edificio que permitiría crear entre 8 ou 9 vivendas, cunha superficie media duns 90 metros cadrados habitables, agás nos dous posibles apartamentos que se poideran habilitar no baixo cuberta duns 50 metros cadrados cada un.
Deste xeito o antigo cuartel da Garda Civil de San Xurxo se transformaría nun espazo que facilite o acceso a unha vivenda digna as familias con 2 vivendas na planta inferior, 2 vivendas na planta baixa a nivel coa estrada N-541 e 3 vivendas na superior, pudendo habilitarse ata outros dous apartamentos no baixo-cuberta ou combinar, tipo dúplex, unha vivenda superior cun dos espazos do baixo-cuberta que poderían convertirse en apartamento.

Publicacións Relacionadas