Os populares solicitan unha alternativa ao actual pintado de liña continua que executou o Goberno bipartito e que levantou bochas entre empresarios e residentes da zona.
“O lóxico é que ademais do pintado contemplásese unha alternativa como carrís de espera centrais ou unha glorieta que permita o cambio de sentido”.
Ponteareas, 19 de marzo de 2021.- O Grupo Municipal do PP presentou por rexistro unha solicitude de información en referencia ao pintado de liña continua levado a cabo na N-120, nun tramo moi amplo, entre a rotonda de Canedo e o Barral, no que se atopan numerosos negocios que ven enormemente prexudicados pola nova sinalización.
“Chamáronnos empresarios e veciños da zona para denunciar este cambio. Entenden que por seguridade, sobre todo na zona do IES Barral é moi necesaria a liña continua, pero esixen que se ofreza unha solución paralela para eles. Unha glorieta que permita o cambio de sentido ou carrís centrais de espera”, explican os populares.
O PP preguntará no Pleno quen tomou a decisión, quen a executou e se se estudou os problemas que ocasionaría aos propietarios de negocios na zona que, en moitos casos, teñen que facer cargas e descargas de mercadorías pesadas, e como afectará tamén aos seus clientes.




