Segundo Luís Taboada A Xunta de Galicia esta a perder toda a credibilidade cos veciños e veciñas de Vila de Cruces cando despreza ao grupo de goberno nos actos públicos dunha forma caciquil.
No día de onte produciuse un acto por parte da Xunta de Galicia que foi o que colmou o vaso da paciencia do grupo de goberno, un acto como no que o Conselleiro Román Rodríguez paséase da man do ex-alcalde por “Camanzo” unha parroquia de Vila de Cruces, prometendo reformas para potenciar a cultura da nosa vila, un acto vergoñoso e de desprezo por parte da Xunta de Galicia que non advertiu ao grupo de goberno desta visita, desprezándoos novamente e tendo como cómplice necesario o Conselleiro de Cultura Román Rodríguez, un acto falto de responsabilidade institucional e sobre todo de decoro, un acto caciquil que lembra a outros tempos.
Luís Taboada e o seu equipo de goberno, espera que isto fose debido a unha confusión do Conselleiro Román Rodríguez, ao non darse conta de que o Señor Otero xa hai uns anos que o pobo de Vila de Cruces púxoo na oposición pola súa xestión nefasta á fronte do concello, que ultimamente só servía para que ingresase na súa conta bancaria cada mandato máis de 180.000€.
A todo isto Julio López Tenente de alcalde e responsable de Cultura, quere quitarlle ferro ao asunto, e agradece enormemente a visita do Conselleiro Román, máis se cabe cando se comprometeu a facer as reformas de restauración dos frescos, algo beneficioso para a nosa vila, pero tamén lle gustaría comentarlle ao Conselleiro outras moitas necesidades culturais e educativas, tales como a reparación dos nosos colexios, e sobre todo que a Xunta mediase en dar unha solución rápida ao matadoiro do Galo de Curral na que o ex-alcalde Otero gastou máis de 300.000€ de todos os cruceños e cruceñas, e hoxe estase caendo a cachos, por unha denuncia interposta por un veciño hai 12 anos, unha denuncia polas ilegalidades cometidas polo ex-alcalde na súa construción.
Julio López di que non lle importa o saír na foto, pero tampouco espera que se pase por alto estes desprezo por parte da Xunta de Galicia que indistintamente de quen goberne, teñen que atender as nosas necesidades, e é bo que os nosos veciños e veciñas, coñezan a forma de actuar ultimamente desta administración, que no ultimo ano non atendeu nunca as nosas peticións, quero lembrar que quixemos poñer unha carpa nos colexios para os nosos estudantes por mor da pandemia e a Xunta non nolo permitiu deixando a os estudantes a chuvia , fomos solicitar unha axuda ao Señor Lete Lasa que nunca chegou; os case dous anos que vimos pedindo que arranxen as filtracións de auga do Centro de Saúde, entre outras moitas, é máis o propio ex-alcalde Otero xactouse nun pleno o ano pasado de que a Xunta de Galicia ía ingresar máis de 150.000€ para a axuda dos nosos comerciantes, tras as boas xestións que el mesmo fixera (como consta na acta de sesións), pois a día de hoxe non recibimos nin un céntimo. Como sempre o PP utilizando as administracións á seu antollo e aínda por encima, mentíndonos.
Pero Luís Taboada ten claro que se debe ao traballo diario polos seus veciños e veciñas desinteresadamente, como se pode comprobar ao non cobrar nin un céntimo das arcas municipais, e xa que non tivo a oportunidade de solicitar ao propio Conselleiro as súas peticións, “unhas peticións que xa levan anos esperando” sirva este comunicado de prensa para chamar a súa atención, e á súa vez á do seu xefe o Presidente Feijóo, que de seguro non estará moi orgulloso da actuación dos seus Conselleiros con este municipio de Vila de Cruces.




