HomeVigoNigránO concello de Nigrán participa o venres 19 no proxecto de Libera...

O concello de Nigrán participa o venres 19 no proxecto de Libera “1m2 por los ríos!

- Anuncio -spot_img

A xornada de limpeza desenvolverase desde as 11:00 horas na desembocadura do río Muíños en Praia América
Os interesados en participar nesta xornada deben inscribirse en turismo@nigran.org antes do xoves 18
O Concello de Nigrán únese este venres 19 de marzo por vez primeira ao Proxecto LIBERA ‘1m2 por los ríos’ cunha xornada matinal de limpeza na desembocadura do río Muíños en Praia América. Os interesados en participar deben inscribirse en turismo@nigran.org antes do xoves 18 de marzo aportando os seus datos persoais, DNI e teléfono de contacto, sendo o aparcadoiro fronte as pistas de Gaifar o punto de encontro ás 11:00 horas. Recoméndase levar luvas, botella de auga e calzado axeitado.
Esta acción voluntaria forma ten como obxectivo no es sólo liberar á natureza de lixo, senon caracterizar e tipificar o refugallo que en cada punto de se atopa. A xornada desenvolverase coas medidas de seguridade e prevención necesarias para salvagardar a saúde dos participantes.

Publicacións Relacionadas