HomeA CoruñaA CoruñaComercios de Labañou, Os Rosales e Riazor participarán na nova edición do...

Comercios de Labañou, Os Rosales e Riazor participarán na nova edición do programa municipal Tendas a Exame

- Anuncio -spot_img

A iniciativa ten como obxectivo axudar a mellorar o pequeno comercio da cidade a través dun sistema gratuíto de consultoría especializada que se desenvolve no propio punto de venda
A concelleira Diana Cabanas sinalou que “a primeira edición deste programa rematou recentemente na zona de Catro Camiños e da Gaiteira” e lembrou que “xa se levou a cabo noutros barrios como Monte Alto, O Orzán, Os Mallos e As Conchiñas e tivo moi boa resposta por parte dos comercios”
O Concello, a través da Concellaría de Comercio, Mercados, Consumo e Barrios, comeza unha nova edición do programa Tendas a Exame nos barrios de Labañou, Os Rosales e Riazor. A iniciativa ten como obxectivo axudar a mellorar o pequeno comercio da cidade a través dun sistema gratuíto de consultoría especializada que se realiza no propio punto de venda.
A concelleira Diana Cabanas sinalou que “a primeira edición deste programa rematou recentemente na zona de Catro Camiños e da Gaiteira” e lembrou que “xa se levou a cabo noutros barrios como Monte Alto, O Orzán, Os Mallos e As Conchiñas e tivo moi boa resposta por parte dos comercios”. “O obxectivo do Goberno de Inés Rey é chegar, nas súas sucesivas edicións, a todas as zonas da cidade”, apuntou Cabanas.
Os 30 comercios participantes recibirán asesoramento sobre loxística, xestión, atención á clientela etc., en función das necesidades que se detecten nunha primeira visita de diagnóstico. Trátase dunha oportunidade para dispor, durante varios días, dunha consultora ou consultor especializada/o no propio punto de
venda. Co seu asesoramento, e con cambios puntuais que poden realizar as persoas propietarias dos establecementos, “moitos comercios xa observan unha melloría a curto prazo”, asegura a edila.
Desde a concellería, sinalan que na actualidade están a visitarse os comercios destes barrios e lembran que aqueles que desexen participar poden contactar a través do enderezo electrónico tendasaexame2021@gmail.com.
Unha vez comprobado que os comercios inscritos cumpren os requisitos, realizarase unha selección para lles dar prioridade a aqueles en que se detecte unha maior marxe de mellora e realizar así unha distribución uniforme na zona abarcada.

Publicacións Relacionadas