HomeA CoruñaO Concello de Boqueixón retoma a actividade cultural co espectáculo teatral ‘Running’

O Concello de Boqueixón retoma a actividade cultural co espectáculo teatral ‘Running’

- Anuncio -spot_img

Este domingo tivo lugar a primeira sesión e a segunda será o día 28

Esta fin de semana a Casa da Cultura de Camporrapado retomou a súa actividade coa posta en escena dun espectáculo teatral, a comedia Running de De Ste Xeito Producións. A sesión celebrouse este domingo ás 18:00 horas cos actores Sergio Macías e Stephy Llaryona nunha peza creada por Esther Carrodeguas.

O vindeiro domingo, 28 de marzo, a compañía Tarabela Creativa representará Tabú. Ambas sesións están dirixidas a público maior de 12 anos e desenvólvense co apoio da Deputación provincial da Coruña. Tabú é un show de narración oral que ten como principal obxectivo transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade das avoas e que poden explicar por que as mulleres de agora son fillas do tabú.

As entradas son de balde, previa reserva a través do e-mail cultura@boqueixon.com ou no teléfono 981 513 115 ata tres días antes de cada espectáculo. O aforo está limitado e durante os espectáculos tomaranse as medidas de seguridade e prevención contra a expansión da COVID-19.

Publicacións Relacionadas