HomeOurenseConvocada unha nova edición dos premios de poesía e de creación literaria,...

Convocada unha nova edición dos premios de poesía e de creación literaria, dotados con 6.000 euros cada un

- Anuncio -spot_img

O ‘Cidade de Ourense’ chega á súa 37ª edición, e o ‘Risco’ de creación literaria, en colaboración coa Fundación Vicente Risco, a número 22.

A xunta de goberno local tratou, na sesión extraordinaria celebrada este mañá no salón de plenos, 16 asuntos achegados por diferentes áreas. Este órgano municipal, presidido polo alcalde e integrada polos concelleiros Armando Ojea (DO) e Flora Moure (PP), aprobou as bases e a convocatoria de dous premios literarios máis senlleiros deste Concello: Por unha banda, o XXXVII Premio de Poesía “Cidade de Ourense”; pola outra, o XXII Premio Risco de Creación Literaria. Ambos están dotados cun premio de 6.000 euros

Licenzas (8). Concedéronse licenzas para a demolición dunha edificación e da súa construción auxiliar en Melchor Velasco; para unha obra en vía de legalización das actuacións nun inmoble da rúa San Miguel, para a rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Ceboliño; para a reforma dun portal e substitución de ascensor nun edificio da rúa Xesús Pousa; para a instalación dun ascensor nun edificio da rúa Río Arnoia; e para a construción dun edificio de vivendas na rúa de Araceli Ancoechea.

Tamén se aprobou o modificado número 1 do proxecto básico e de execución de rehabilitación dun edificio na rúa do Progreso.

Disciplina (1). En execución dunha Sentenza da Sala do Contencioso Administrativo do TSXG, requíreselle á comunidade de propietarios dun edificio da rúa Valle Inclán para que, no prazo dun mes, presente un proxecto para regularizar as obras de execución dunha rampla dun garaxe

Infraestruturas (2) Recoñécense dúas obrigas de pagamento a favor da Confederación Hidrográfica Miño-Sil: a primeira, por importe de 961,60 €, por unha sanción por unha vertedura en Casixouba; e a segunda, de 1.044,96 euros, pola taxa do canon por verteduras en Santa Mariña do Monte.

Persoal e Recursos Humanos (2). Aprobáronse as retribucións dos empregados municipais para o ano 2021, e tamén o acordo de modificar -con efecto de 1 de xaneiro de 2021- o valor do punto de complemento específico para 2021, incrementándoo un 0,9%.

Ademais, aprobouse o pago de gastos xudiciais, por importe de 310 euros.

Xestión económica (2). Aprobáronse dúas relacións de facturas do ano 2020 que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no devandito exercicio, unha por importe de 3.510 euros e outra por importe de 2.197,97 euros.

Publicacións Relacionadas