HomeA CoruñaGalicia demanda no Arco Atlántico modificar os criterios de reparto da reserva...

Galicia demanda no Arco Atlántico modificar os criterios de reparto da reserva de aplicación ao Brexit en materia de pesca

- Anuncio -spot_img

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, presidiu hoxe unha sesión das rexións atlánticas na que se debateu sobre o futuro fondo de compensación ante o Brexit

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, presidiu hoxe a reunión por videoconferencia do comité executivo da Comisión do Arco Atlántico (CAA) para preparar a súa estratexia política deste ano. Os efectos do Brexit centran o traballo desta rede de cooperación interrexional, polo que o seu comité executivo dedicou unha sesión a debater sobre a Reserva de Adaptación ao Brexit, un fondo de 5.000 milllóns de euros que a UE prevé poñer en marcha este ano.

A sesión tivo como invitada á eurodeputada francesa Irène Tolleret, relatora sobre a Reserva de Adaptación ao Brexit (BAR polas súas siglas en inglés) na comisión de Desenvolvemento Rexional no Parlamento Europeo.

Gamallo resumiu as demandas das rexións atlánticas e do Mar do Norte sobre o BAR, que foron recollidas nunha declaración publicada en decembro, días antes da proposta da Comisión. Entre elas, que as administracións rexionais deberían estar no centro da súa gobernanza e que debería haber garantías de que os fondos cheguen ás áreas máis afectadas nun prazo curto de tempo. Gamallo mostrou a súa satisfacción polo primeiro borrador do informe do Parlamento Europeo, xa que introduce unha mención á implicación das administracións rexionais na xestión do fondo.

Durante o debate co resto de rexións, o director xeral explicou o posicionamento de Galicia ante o regulamento do BAR, pois ten unha preocupación especial polos criterios de reparto propostos en materia de pesca. Galicia defende que estes criterios contemplen os efectos indirectos do Brexit, como a perda de cota pesqueira en países terceiros ou o posible impacto nos intercambios de cota entre países. Gamallo aludiu ao grupo de traballo que vén de crearse dentro do Consello Galego de Pesca no que se está a elaborar un estudo sobre esta cuestión.

As rexións atlánticas e o BAR
Dende 2017, Galicia lidera o grupo operativo Brexit dentro da Comisión do Arco Atlántico. A demanda dun fondo de compensación polos efectos do Brexit foi unha das principais reivindicacións deste grupo dende o seu inicio. O pasado verán, os líderes europeos acordaron a creación da Reserva de Adaptación ao Brexit, para a que a Comisión Europea preparou un regulamento que está a ser debatido agora entre o Parlamento Europeo e o Consello.

O seguimento e influencia nestas negociacións é unha das prioridades políticas da Comisión do Arco Atlántico para 2021. Esta rede de cooperación reúne a 17 rexións de Irlanda, Reino Unido, Francia, España e Portugal co obxectivo de promover conxuntamente o seu potencial e a afrontar retos comúns. Galicia pertence a ela dende a súa creación en 1989.

Publicacións Relacionadas