HomeOurenseO goberno municipal axusta o reparto de competencias para fortalecer a área...

O goberno municipal axusta o reparto de competencias para fortalecer a área social e ser “máis eficaces”

- Anuncio -spot_img

Trala súa reincorporación, Telmo Ucha estará á fronte de Política Social, Igualdade, Saúde, Seguridade, Comercio, Mobilidade e Transporte

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reaxustará o reparto de competencias no seno do goberno municipal, logo da reincorporación do concelleiro Telmo Ucha. Atendendo a solicitude do edil, coa nova delegación de funcións, o goberno municipal pretende fortalecer ámbitos como a política social e encarar proxectos como a renovación dos servizos de autobuses urbanos. É “unha pequena restruturación para ser máis eficaces neste momento”, asegura o alcalde.

Telmo Ucha estará á fronte da área de Política Social, Igualdade e Saúde, Seguridade Cidadá, Comercio e Mobilidade e transporte público.

Pola súa banda, Armando Ojea exercerá as competencias de Recursos Humanos, Facenda, Educación, Promoción económica, Recursos europeos e Formación ocupacional e Cooperación Institucional.

A Alcaldía exercerá as restantes competencias.

Xunta de goberno local

Por outra banda, o alcalde asinou esta mañá o decreto no que toma coñecemento da renuncia presentada mediante un escrito de data 03.03.2021 pola concelleira Flora Moure como membro da Xunta de Goberno local, con efectos dende o mesmo día da súa presentación. No mesmo decreto nomea como membros da Xunta de Goberno Local os concelleiros Armando Ojea e Telmo Ucha. Armando Ojea será o concelleiro secretario da xunta de goberno local.

Publicacións Relacionadas