A alcaldesa pregúntase onde están os 100 días de graza e lémbralles a toda a corporación que leva como alcaldesa pouco máis dun mes
A alcaldesa Victoria Portas quixo saír ao paso das comunicacións que no día de hoxe aparecen nos medios de comunicación, facendo referencia a temas cruciais que se teñen que resolver en menos de 48 horas.
O tema máis perentorio e o que máis preocupa á alcaldesa é o tócante ao Plan Concellos da Deputación. Un tema que para a alcaldesa xa roza o absurdo, debido a que non entende as posicións dos demais grupos, que se instalan no non polo non, facendo unha oposición desleal, (algo que a alcaldesa pode comprender no grupo do PP), pero que non dá comprendido nos grupos da esquerda que se tachan de progresistas, e o que fan é pasar o rodete da man do PP para estrangular ao goberno, tendo como única escusa “que hai do meu”. Con isto non me quero defender senón expoñer o que todos os veciños e veciñas de Cangas teñen a obrigación de coñecer.
O Plan Concellos tivo que sufrir modificacións puntuais, porque nos permiten utilizar parte dese diñeiro para axudar ao nosa hostalaría , ao ser así tivemos que modificar certas obras, tentando sempre repartir o pouco que nos dan entre todas as parroquias, e a alcaldesa garante que non ten unha predisposición para facer unhas obras antes que outras, e pensa que todo o que se poida facer en Cangas benvido sexa, tanto é así, que de todos é coñecido que as concellerías involucradas no Pan Concellos téñenas o PSOE.
A alcaldesa di “aquí como sempre se discute por discutir, creando un ambiente enrarecido que o único que favorece é á dereita, posto que os do grupo da esquerda damos unha imaxe pésima aos nosos veciños e veciñas, algo que pretendo que cambie durante o meu mandato e sentareime e negociarei con quen faga falta ata a extenuación, para conseguir que Cangas siga sendo un referente na comarca do Morrazo.
Con isto non quero defender tampouco aos meus socios de goberno ( o PSOE ) que no canto de estar a defender o Plan Concellos, prefiren saír na foto de mans do delegado da Zona Franca, o señor Regades, que nos vai a resolver dunha plumada uns trámites que levan xa varios anos, e eu como alcaldesa por suposto “ súper agradecida” e oxalá invista todo o seu orzamento en Cangas, aínda que creo que as formas de actuar dos meus socios de goberno non foron as adecuadas, ao non convidar á presidenta do concello a esta reunión, unha reunión que polo visto era institucional, segundo os medios de comunicación, pero tamén lles digo que a miña intención de estar nesa reunión como poden comprender non é o saír na foto, senón o ter a posibilidade de transmitir os meus desexos ao delegado da zona franca, algo do que me privaron. Pero o devandito, non son unha persoa rancorosa e mentres eles venden futuribles, eu preocúpome do día a día.
O que si está claro é que se non aprobamos o Plan Concellos, gustaríame ver como llo explican a todos os cangueses e canguesas, empezando polos nosos hostaleiros que quedarán sen máis de 150.000€ de axudas, ou como suplementamos a cantidade necesaria para a estrada do Viso perdendo máis de 1.200.000€ doutra subvención, e sobre todo creo que o noso esforzo non ten que ser o sacar a obra de Nazaret (tamén necesaria) senón o lograr máis fondos das administracións para facer máis proxectos, por iso apelo á intelixencia de todos os grupos, incluídos aos do PP que estou segura que aínda que teñan que facer o seu papel de oposición, non permitirán o perder case 800.000 que ían destinados aos nosos veciños e veciñas.
Para o comunicado do BNG no que di que non apoiarán os orzamentos, a alcaldesa ten claro que nestes momentos de pandemia sería unha irresponsabilidade o xogar cuns investimentos que son moi necesarias e que darían estabilidade a este concello, parece que non se dan conta de que temos un Plan de Axuste e que o imos reducindo cada ano e mellorando así as arcas municipais, é fundamental o aprobar estes novos orzamentos, para axudar ao noso tecido Empresarial, Social e Cultural, Turístico e Deportivo e a alcaldesa comprométese a seguir negociando ata chegar a un acordo de progreso e estabilidade para Cangas.




