HomePontevedraMedio Ambiente resolve as dúbidas sobre a aplicación das novas directrices da...

Medio Ambiente resolve as dúbidas sobre a aplicación das novas directrices da paisaxe de Galicia a concellos de Pontevedra

- Anuncio -spot_img

O director do Instituto de Estudos do Territorio, Francisco Barea, explicou a dez concellos da zona de Pontevedra o contido das Directrices da Paisaxe de Galicia e a súa aplicación nos seus respectivos concellos para acadar os obxectivos desta nova ferramenta de protección e conservación das paisaxes de Galicia.

Así, os municipios de Marín, Pontevedra, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro, A Lama, Vilaboa, Moaña, Bueu, Cangas e Ponte Caldelas foron convocados a un encontro informativo, que se celebrou no Museo municipal Manuel Torres de Marín.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a celebrar este tipo de reunións locais para explicar polo miúdo o contido das primeiras Directrices da Paisaxe coas que conta a Comunidade galega. Barea sinalou que están pensadas como unha ferramenta de protección, xestión e conservación da paisaxe, coa que Galicia afianza a súa actual posición entre as comunidades máis avanzadas en materia paisaxística.

O director do Instituto deu valor a este tipo de encontros porque é moi importante que se coñeza o seu alcance, por canto recolle normas e directrices que deberán integrarse na totalidade de iniciativas que se promovan no territorio galego. En definitiva, búscase compatibilizar a protección e mellora da paisaxe co desenvolvemento económico de Galicia.

Publicacións Relacionadas