HomePontevedraO concello apoiará á confraría de Arcade cunha axuda de 30.000 euros

O concello apoiará á confraría de Arcade cunha axuda de 30.000 euros

- Anuncio -spot_img
  • A subvención destinarase a financiar a compra de semente de ameixa
    O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, anunciou esta mañá unha nova axuda municipal de 30.000 euros para financiar a compra de semente de ameixa por parte da confraría de Arcade. A medida pretende axudar ao sector marisqueiro tras uns meses nos que as taxas de mortalidade dos moluscos disparáronse pola gran cantidade de choivas e o seu impacto na salinidade da auga.
    Con esta axuda, espérase que a Confraría poida facer fronte á nova campaña de sementado de ameixa nos bancos marisqueiros de Arcade e poida recobrar a normalidade tras uns anos problemáticos debido á inestabilidade meteorolóxica. De feito, segundo indicou o alcalde, esta non é a primeira vez que o goberno local axuda á confraría neste sentido, a última vez en 2019 cunha achega de 15.000 euros. “En Arcade e Soutomaior viven do marisqueo, directa e indirectamente, máis de 200 familias. É un sector fundamental para a nosa economía e terán a nosa axuda sempre que a necesiten”, indicou Reguera.
    A nova axuda financiarase grazas ao remanente de tesourería acumulado e levará a cabo a través da firma do preceptivo convenio de colaboración coa Confraría. “Somos conscientes da gran necesidade de axuda da confraría e do desastre que sufriron os últimos meses, nos que se rexistrou unha mortalidade en torno ao 90%. É un tema urxente así que aprobaremos a axuda canto antes”, finalizou o alcalde.

Publicacións Relacionadas