Un total de 61 nenos e nenas do CPI Cernadas de Castro asistiron hoxe a unha sesión formativa sobre a vespa velutina para coñecer cal é a orixe deste insecto, como foi a evolución da súa invasión ao territorio galego e cales son as súas características distintivas respecto ás vespas autóctonas. Durante esta xornada os catro grupos de primaria fixeron trampas caseiras seguindo as indicacións e explicacións dos especialistas. As sesións formativas continuarán mañá con 97 nenos e nenas deste mesmo centro educativo.
O Concello de Lousame puxo en marcha unha campaña contra as vespas velutinas a través da difusión e da sensibilización sobre a importancia de capturar as raíñas desta especie, posto que os meses de marzo e maio son fundamentais para evitar que cando as vespas saían do seu letargo comecen a construír niños.




