HomeA CoruñaA C10 correrase o 3 de outubro por un circuíto que incluirá...

A C10 correrase o 3 de outubro por un circuíto que incluirá os peiraos da cidade

- Anuncio -spot_img

O Goberno local e Autoridade Portuaria acordaron levar boa parte do percorrido da carreira polos terreos portuarios; “un paso máis no proceso de integración dos peiraos á vida da cidade”, apuntou a alcaldesa, Inés Rey, que celebra que a cidadanía poida volver a desfrutar do porto.
A C10 volve ás rúas da cidade. A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, anunciou hoxe que o vindeiro 3 de outubro é a data elixida para celebrar a volta da carreira máis querida: a Coruña 10. Aínda que esta é a data reservada tradicionalmente para o Maratón Atlántico, o Concello decidiu cambiar as datas para que a primeira proba do calendario deportivo sexa a carreira popular por excelencia, explicou a concelleira. Por suposto sempre que as condición sanitarias o permitan, a C10 terá como
novidade a data e o percorrido, xa que a carreira retómase, ademais, recuperando para o
deporte popular unhas das localizacións máis ansiadas pola cidadanía: os peiraos. O
Goberno local e a Autoridade Portuaria acordaron levar boa parte do percorrido da carreira
polos terreos portuarios; “un paso máis no proceso de integración dos peiraos á vida da
cidade”, apuntou a alcaldesa, Inés Rey, que celebra que a cidadanía poida volver a
desfrutar do porto.
A decana das carreiras populares transcorrerá polo centro urbano da cidade e o seu bordo
litoral, “exemplificando e reforzando o vínculo da práctica deportiva co espazo público a
través dunha carreira única”-
“O noso máis firme desexo é volver con máis forza que nunca para percorrer as rúas da
nosa cidade, pero nin agora mesmo nin probablemente dentro dun mes se darán as
condicións idóneas para que a carreira máis popular de todas cantas se realizan na Coruña,
a C10, se poida realizar como o merece: con milleiros de persoas practicando o seu deporte
favorito”, explicou a concelleira.
Desde a concellería confían en que co paso dos meses chegue a tan ansiada inmunidade
de rabaño, e, por iso, emprazan a todas as persoas amantes do atletismo a que preparen o
regreso. “Será ao grande, coa máis popular das nosas carreiras e recuperando o porto para
o deporte”, dixo a edila.
Desde a concellería tamén se está a traballar xunto á Federación Galega para que a
principios de xuño se poida realizar con garantías a edición do Gran Premio dos Cantóns de
Marcha Atlética, un evento destinado a atletas profesionais que non se puido realizar o ano
pasado debido á COVID 19. Será unha edición especial despois de que o evento fose
declarado pola World Athletics como Patrimonio mundial do atletismo.
A concelleira apuntou que para 2022 se agarda volver co ritmo habitual das carreiras: Medio
Maratón no primeiro trimestre; Coruña 10 no segundo e no último trimestre, o Maratón
Atlántico, sen esquecer o circuíto Coruña Corre, “sinal de identidade do noso atletismo máis
popular.”

Publicacións Relacionadas