· O goberno local celebra a medida, que favorecerá a conciliación das familias de Carral.
O servizo de comedor do CEIP Vicente Otero Valcárcel funcionará tamén os venres. As reiteradas peticións do ANPA, a directiva do centro e do Concello de Carral tiveron resultado. Así, a Xunta de Galicia -organismo con competencia en educación- comunicou, esta semana, que atenderán as súas solicitudes, facendo extensivo o servizo de comedor á xornada dos venres.
O goberno local celebra a decisión adoptada polo organismo autonómico, entendendo que esta medida ”favorecerá, enormemente, a conciliación dás familias de Carral”. O executivo, que sempre apoiou as reivindicacións da comunidade educativa, sinala que se trata dun “logro conseguido por todas as persoas que, ao longo dous últimos anos, reivindicaron a necesidade de mellorar esta prestación”.
Trátase dunha vella demanda requirida, desde hai anos, polos pais e nais do alumnado, pola dirección do colexio e polo Concello de Carral. De feito, o ANPA iniciou, no mes de febreiro, unha segunda recollida de firmas a través da plataforma change. org pedindo que este servizo estendésese durante os cinco días lectivos.




