HomePontevedraPontevedraÁ Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés rematou a humanización da...

Á Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés rematou a humanización da área de consultas externas do servizo de dermatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

- Anuncio -spot_img

Esta intervención no terceiro andar do centro de especialidades da Casa do Mar de Mollabao reacondicionou os espazos cunha nova sinalética que, modernizando e clarificando as áreas de tránsito e espera, envolve cun novo pel o entorno, potenciando a súa apertura e luminosidade

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés ven de rematar a humanización do andar de consultas externas do servizo de Dermatoloxía no centro de especialidades da Casa do Mar de Mollabao cunha intervención que reacondicionou os seus espazos cunha nova sinaléctica que, modernizando e clarificando as áreas de tránsito e espera, envolve cun novo pel o entorno, potenciando a súa apertura e luminosidade.

Esta humanización do andar de consultas externas do servizo de Dermatoloxía acolle aos usuarios cunha estética dinámica, actual e envolvente, na liña dos valores asistenciais deste servizo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Segundo sinala a xefa de servizo de Dermatoloxía, a doutora Ángeles Flórez Menéndez, “a humanización dos nosos espazos converteuse nunha peza clave que permite crear contornas amables e acolledoras, que repercuten positivamente na tarefa dos nosos profesionais, pero tamén nun maior benestar dos nosos pacientes, favorecendo a súa recuperación”.

No deseño destes espazos humanizados, os profesionais, pacientes e familiares tiveron un papel protagonista, pois a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés céntrase neles coma prioridade de todas as súas iniciativas, definindo as características e obxectivos específicos que estas deben ter.

Criterios de humanización na Área Sanitaria
Esta nova intervención segue os criterios de humanización que se están a implementar na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés para ofrecer aos usuarios unha contorna de máis confort e calidez e, deste xeito, favorecer unha mellor resposta emocional das persoas, pacientes e familias que teñen que afrontar un problema de saúde dermatolóxico.

Publicacións Relacionadas