O Concello de Ourense realizará a próxima semana actuacións de mantemento do firme en tres rúas do barrio do Couto: Castro Canseco, Mateo de Prado e Entroido.
Os traballos comezarán o luns, 22, pola tarde, na parte final da rúa de Castro Canseco, polo que será necesario realizar o corte ao tráfico dun carril situado entre a rúa Bispo Lourenzo e a estrada N-120. O martes 23 pola maña comezarase a traballar no inicio da rúa, na intersección coa rúa dos Remedios, polo que será necesario pechar a rúa ao tráfico mentres duren os traballos.
O martes 23 pola tarde os traballos de mantemento realizaranse na intersección da rúa Mateo de Prado coa rúa Bispo Lourenzo, e nun pequeno trozo da rúa Mateo de Prado, para o que será necesario retirar os vehículos desa rúa metres duren os traballos.
O mércores 24 as actuacións de mantemento realizaranse na rúa Entroido, polo que estará pechada ao tráfico ata que se finalicen os traballos.
O Concello de Ourense solicitalle desculpas á veciñanza polas molestias que lle poida ocasionar a execución destes traballos, que resultan necesarios para o mantemento do firme destas tres rúas.




