Os populares lamentan que o BNG responsable de política social en Ponteareas, impida que máis de 100 familias con persoas dependentes non sexan atendidas.
“O inicio do expediente de Contratación, que se aprobou no Pleno esta semana, só subvenciona o Servizo de Axuda no Hogar ata un 60% das posibilidades e perderá durante 5 anos o 40% das horas subvencionadas pola Xunta”.
Ponteareas, 31 de marzo de 2021.- O Grupo Municipal do PP lamenta que o Goberno bipartito non queira dar un Servizo de Axuda no Hogar para dependentes á altura do que demandan os nosos veciños, e iniciasen un novo expediente de Contratación que non cobre máis que o 60% da demanda existente.
Lamentamos que o BNG, responsable de Política Social no Concello de Ponteareas, impida que máis de 100 familias con dependentes ao seu cargo non sexan atendidas, “aínda cando a Xunta dálles o diñeiro suficiente para facelo, achegando entre o 60 e 70% do custo do servizo de Axuda no Hogar, eles prefiren rexeitar a subvención durante os próximos 5 anos” informan os populares.
O BNG terá que explicar ás familias de Ponteareas, que teñen persoas con dependencia e necesitan atención para realizar actividades básicas da súa vida diaria, porqué non queren ampliar o servizo ata cubrir o 100% das listas de espera, e porque van perder máis de 300.000 euros de subvención cada ano que lles ofrece a Xunta e durante o próximos cinco anos, o que supoñerá perder máis de 1,5 millóns de euros”.
O PP lémbralles ademais que este servizo de dependencia debería ser un dos máis importantes para o noso Concello en canto ao esforzo que o goberno faga, e resulta ser todo o contrario, a pesar de que a Xunta aumenta un 65% o número de horas que subvenciona ao noso Concello para reducir as listas de espera. “Pasamos dunha achega de 530.000 euros a 850.000 euros, pero o Goberno bipartito, a pesar de que a Xunta amplía a subvención, non foi capaz de aumentar as horas que eliminarían as listas de espera actuais en Ponteareas”.
Os populares apoiaron o novo expediente de contratación no Pleno, a pesar de discrepar co tope máximo de horas que vai prestar o servizo de Axuda no Hogar, porque esta licitación acabará cun contrato irregular que fai máis de tres anos o goberno local debía sacar a licitación e non o fixeron, derivando nunha prórroga sen publicidade, sen pregos e cun aumento no custo do servizo do 25% a unha empresa privada, a criterio do propio alcalde, sen que o servizo mellorase nin se reducise as listas de espera.




