HomeOurenseOurenseO Concello abre a inscrición para as actividades infantís de Semana Santa...

O Concello abre a inscrición para as actividades infantís de Semana Santa do espazo Coeduca

- Anuncio -spot_img

É un programa de lecer infantil para axudar a conciliar os tempos das familias, e desenvolverase do 29 ao 31 de marzo de 9:00 a 14:00 horas nas dependencias da municipais da rúa do Ensino 21 (O Couto).

Inscrición: xoves, 25 de marzo, de 10:00 a 13:00 horas.

O Concello de Ourense ofrece, para a Semana Santa, o programa de actividades de lecer infantil do programa Coeduca, destinado a rapaces e rapazas de 6 a 12 anos, e que se desenvolverá do 29 ao 31 de marzo de 2021 en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Trátase dun programa de lecer infantil para axudar a conciliar os tempos das familias, e está subvencionado polo Ministerio de Igualdade – Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Debido ás limitacións sanitarias impostas pola Covid-19, a participación neste programa está limitada.

As familias interesadas poderán anotarse este xoves, 25 de marzo, en horario de 10.00 a 13.00 horas nas dependencias da Concellería de Igualdade (rúa do Ensino 21, O Couto).

Publicacións Relacionadas