HomePontevedraDezaTaboada recalca á oposición que no canto de acosar continuamente á empresa...

Taboada recalca á oposición que no canto de acosar continuamente á empresa de comunicación, que se centren no borrador dos orzamentos do 2021 que xa lle foron entregados a semana pasada

- Anuncio -spot_img
  • Taboada di, “mente, mente, que algo sempre queda”
  • Pola contra Julio López, tenente alcalde e responsable de comunicación ve claramente a estratexia, involucrando nas súas mentiras á secretaria municipal.
  • Taboada engade, “moi ben debemos estar a facer o noso traballo que á oposición só preocúpalle a comunicación”
  • O concello presentará alegacións o trazado do parque eólico que pasa pola parroquia de San Pedro de Losón.

Onte o grupo de goberno atopouse cun novo episodio de acoso e derribo por parte da oposición contra a empresa que está a ser a encargada de levar a comunicación do concello, Isto non é nada novo para os gobernantes, que desde que se contratou este servizo observan o acoso continuado á empresa por parte dos grupos da oposición, levando incluso unha moción ao último pleno para tentar desfacerse de algo tan incómodo para a oposición como que o grupo de goberno teña informado a todos os cruceños e cruceñas do que sucede no concello.

Julio López comentou, “entendo que todos os grupos da oposición estean moi nerviosos, porque os nosos veciños e veciñas agora teñen información de primeira man das actuacións do goberno, e por suposto as correccións ás continuadas mentiras da oposición” por este motivo sospeita o goberno que a oposición está a centrar todos os seus esforzos en censurar a comunicación como en tempos pasados.

Taboada atópase cunha nota de prensa publicada por un medio moi coñecido na comarca, de que teñen un informe da Secretaria Municipal, no cal di non existir contrato algún coa empresa de comunicación, no que Taboada pon de manifesto o de, “mente, mente, que algo sempre queda”

Pregúntase o alcalde Luís Taboada ata que punto de intranquilidade e desasosego está a ter a oposición, que ten que ir preguntarlle á Secretaría se coñece un contrato menor de comunicación, e faillo contestar por escrito, dando a entender que a  Secretaria Municipal ten que ter coñecemento de todas as decisións do goberno, inclusive nos contratos menores.

Taboada, neste comunicado advirte que non vai permitir, que se desprestixie o traballo dos funcionarios do concello, polo mero feito de non decatarse dun contrato menor, unha funcionaria exemplar que ten que revisar centos de documentos importantes ao longo do mes.

¿Que nos queren dar a entender esta nota de prensa? ¿Que os nosos funcionarios non se decatan de nada? Ou que o goberno comete irregularidades? Pois que o aclaren xa! di Taboada, e lémbralles aos grupos da oposición de que existen outros medios de verificación nesa entidade, como son os reparos de Intervención, o órgano fiscalizador do goberno, cos que se enchen a boca os grupos da oposición cando lles interesa, e é mesquiño o saber que como non existen ningún tipo de reparos para esta empresa, solicitan un informe á secretaría para xustificar as súas mentiras. E como isto tampouco lles servirá para nada “Seguro que tamén lle solicitasen ao bedel un informe para ver se viu o famoso contrato” comenta Taboada, que rematou co comentario “moi ben debemos estar a facer o noso traballo que á oposición só preocúpalle a comunicación”

O interesante é difamar e mentir recalca Julio López que tamén quixo lembrarlle ao señor Otero, que no último pleno o señor Otero díxolle que era peor que  “ Harry o Sucio” película que interpretaba Clint Eastwood  pola década dos 70; e quere dicir que, despois de falar co xornal dixital que segundo a oposición, “é un medio do réxime e a nós non nos publica nada”, este medio garantiulle que non teñen constancia algunha de recibir ningunha nota de prensa da oposición de Vila de Cruces, e que se xactan de ser plurais como se pode comprobar ao contar neste medio con noticias de todos os grupos políticos, é máis lle comentaron, que cando lle envían calquera nota, póñenas tal cal, sen mover unha coma. (¡non como outros medios que lle dan a volta ao seu interese! , recalca Julio López.

Por tanto, insta os grupos da oposición a que presenten os correos que enviaron a devandito medio e non foron publicados, e se ao final resulta que estaban a mentir, ¿quen sería realmente peor que “ Harry o Sucio”?

Pola contra a oposicion non dixo nada de que a semana pasada entregóuselle o borrador do posible novo presuposto para este ano 2021, e a día de hoxe non ten o goberno ningunha proposta dos grupos da oposición para complementalo e aprobalo canto antes, polo cal o alcalde Taboada ten pensado convocar a todos os portavoces dos demais grupos políticos a sentarse, para sacar a diante dito presuposto, e poder axudar o comercio e hostalaría  que o esta a pasar verdadeiramente mal. Taboada recalca, “despois viran dicindo que non lles propuxemos facer parte en dito documento, e que non tiveron tempo de estudialo, teñen todo o tempo que necesiten, pero que non se demoren moito porque o noso tecido empresarial e económico depende do mesmo”.

No dia de onte Taboada e López mantiveron unha primeira  reunión para informar os veciños de San Pedro de Losón de que se van a opoñer o trazado que marca a empresa responsable do parque eólico e van a propoñer un trazado alternativo, que sexa menos daniño para todos os veciños e veciñas, Taboada fixo fincapé que van loitar por que acepten o cambio de trazado, unha proposta do novo trazado que en canto os técnicos vexan a viabilidade será exposto novamente os veciños para coñecer a súa opinión, nesa mesma reunión tamén estaban membros do BNG que aportaron as súas ideas, e que o goberno  agradece, e votaron en falta o señor Otero, que polo visto prefire manter unha reunión por separado cos veciños mais adiante, unha reunión a que o goberno espera invitación para coñecer a súas propostas para este problema tan perentorio para esta parroquia.

Publicacións Relacionadas