HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA enxeñeria portuguesa Paula Teles e a arquitecta especialista en xénero Zaida...

A enxeñeria portuguesa Paula Teles e a arquitecta especialista en xénero Zaida Muxi, dentro do plantel de especialistas mundiais que participarán nas clases da “Facultade Ágora”

- Anuncio -spot_img

Os mércores 31 de marzo e 7 de abril realizaranse percorridos comentados da mostra ‘José Suárez 1902-1974’ a cargo do comisario e sobriño do fotógrafo, Xosé Luis Suárez Canal

A arquitecta Zaida Muxí e a enxeñeira Paula Teles serán dúas mais das grandes figuras que estará dentro do plantel de especialistas mundiais da ‘Facultade Ágora’. Ambas achegarán a súa visión sobre a importancia do espazo público ás máis de 200 persoas, entre as que destacan as e os representantes dos concellos da provincia de Pontevedra, que pretenden formarse para tomar decisións sobre as vilas e cidades de Pontevedra.

Zaida Muxí Martínez é arquitecta e urbanista licenciada na Facultade de Arquitectura, Deseño e Urbanismo, doutora pola ETSA de Sevilla e profesora na de Barcelona. É codirectora xunto a Josep Maria Montaner do Máster Laboratorio da Vivenda do Século XXI da Universidade Politécnica de Cataluña. Colabora no suplemento Culturas da Vangarda e é coñecida pola súa experiencia en cuestións de espazo e xénero.

Defende que “as cidades teñen xénero e é masculino”, xa que na súa meirande parte foron deseñadas “por responsables masculinos” e para cubrir necesidades de homes e roles de productividade, deixando a un lado cuestións realtivas aos roles de coidados que sustentan ás mulleres, para os que aspectos como a iluminación e a accesibilidade son fundamentais.

En xeral, para Muxí, o espazo público é un desafío e unha oportunidade para a xustiza urbana, e debe reivindicarse a máxima calidade para o espazo público da cotidianidade, pero tamén o acceso público aos espazos de centralidade para todos. Segundo afirma, trátase dun desafío global á política urbana, un desafío urbanístico, político e cultural: urbanístico porque non é sen máis o espazo que queda entre os edificios e o viario, político porque é o espazo da expresión colectiva, e cultural porque a monumentalidade do espazo público expresa a función de símbolo de identidade colectiva.

Paula Teles
Enxeñeira Civil de Planificación do Territorio, pos- graduada en Estratexias e Metodoloxía da Xestión Urbanística e mestre en Planificación e Proxecto do Ambiente Urbano ( FEUP/ FAUP), con tese de máster sobre ‘Os Territorios (sociais) da Mobilidade’, Teles defende as cidades creadas para as persoas, unha tarefa que está a desenvolver como consultora de decenas de municipios e entidades do Goberno portugués, recoñecendo que “parece fácil pero non o é porque a resistencia é do tamaño do Mundo”.

Na última década presentou centenares de palestras sobre Mobilidade Urbana e Deseño de Cidades en Portugal, Europa e Brasil. É autora e co-autora dun vasto conxunto de publicacións das cales destacan ‘Cidades de Desexo entre Deseños de Cidades – Boas Prácticas de Deseño Urbano e Design Inclusivo’ (2009), ‘A Cidade das ( i)Mobilidades – Manual Técnico de Accesibilidade e Mobilidade para Todos’ (2014) e ‘A Cidade das Bicicletas – Gramática para o deseño de cidades ciclabéis”’ (2019).

Teles recibiu a súa incorporación á ‘Facultade Ágora’ “case sen palabras e conmovida tamén por pasar a ser compañeira dos máis prestixiosos especialistas do mundo. Unha cartilha de nomes que máis coñecemento teñen producido sobre o Dereito ao Espazo Público e o dereito á Cidade. Autores dos libros que máis teño lido os últimos anos serán os profesores deste curso”.

Publicacións Relacionadas