HomeVigoNigránO PP de Nigrán denuncia a grave falta de transparencia do Sr....

O PP de Nigrán denuncia a grave falta de transparencia do Sr. Alcalde ao negar as comisións de investigación solicitadas.

- Anuncio -spot_img

O PP de Nigrán denuncia que o goberno do PSOE de Nigrán quere evitar que se investiguen por unha banda, o funcionamento dos servizos sociais do Concello, e por outro, as irregularidades dalgunhas obras realizadas.
No caso do funcionamento dos servizos sociais, a nosa solicitude de investigación vén dada pola presentación e admisión a trámite da denuncia de varios usuarios de asuntos sociais a Valedora do Pobo de Galicia.
O Sr. Alcalde limitouse a burlarse e menosprezar aos usuarios e as persoas que se queixaron ou manifestaron, demostrando un talante máis propio dun ditador que non admite as críticas, que dun demócrata, que debe escoitar a todas as partes e tratar de solucionar o conflito desde o minuto uno, e non ignorar o problema indicando que “todo está ben”.
Se estivese “ben” é moi improbable que a Valedora do Pobo admitise a trámite a denuncia, co agravante que os usuarios son persoas vulnerables.
Doutra banda, tamén negou a comisión de investigación respecto a as obras de saneamento de Lagoiña, Xestal, Pombal e Labregos, e a obra inacabada das Pistas de Atletismo en Porto do Molle, nas que a xuízo dos técnicos municipais e intervención houbo numerosas irregularidades.
Segundo o Sr. Alcalde “todo está ben” (como sempre), pero a realidade é outra, estes proxectos están infestados de irregularidades, que deberían ter polo menos unha explicación razoada e adecuadamente xustificada.
O Sr. Alcalde, tamén nos reprochou que non votásemos a favor das modificacións de crédito presentadas, ao que lle respondemos que lles aconsellabamos que non o votasen a favor nin eles mesmos, xa que nas modificacións mesturábanse os pagos de facturas pendentes, practicamente todas elas “a dedo”, con investimentos e outros gastos non xustificados, o que podería supoñerlles consecuencias legais.
Nós non estamos para apoiar as “chapuzas” do Sr. Alcalde, estamos para fiscalizar a súa desastrosa xestión.
Dentro da “desastrosa xestión”, cabe destacar o claro trato de favor á empresa que constrúe a Nova Biblioteca, aprobándolle unha prórroga cos informes en contra de Contratación e Intervención, ampliándolle o prazo ata Maio para terminar…., veremos se se cumpre , cando esta obra tería que estar finalizada en 2019.

Publicacións Relacionadas