HomeVigoO PorriñoPleno ordinario a dedo pola alcaldesa de Porriño

Pleno ordinario a dedo pola alcaldesa de Porriño

- Anuncio -spot_img

A convocatoria da sesión Ordinaria non respecta nin o acordo plenario que establece a periodicidade dos Plenos ordinarios nin a hora establecida nin o prazo mínimo de 2 días hábiles para a súa celebración e quebranta as regras básicas para a formación da vontade do órgano colexiado ( Pleno), constituíndo motivo de NULIDADE dos acordos adoptados, así o presentamos onte por rexistro e pedindo o Informe so Secretario Municipal.

Un Pleno ordinario do mes de Marzo que se celebrou o pasado mércores 31 e que foi suspendido por decisión da Alcaldesa de Porriño, convócase unha semana despois, sen respectar nin o acordo plenario que establece a periodicidade dos Plenos ordinarios nin a hora establecida nin o prazo mínimo de 2 días hábiles para a súa celebración, engadindo a exclusión dunha integrante da corporación Municipal na convocatoria do Pleno,negando así a que exerza o seu dereito fundamental , todo isto por decisión da Alcaldesa de Porriño que a exclúe da convocatoria por chamala “mentireira”, algo que o seu propio grupo usou media hora antes no mesmo Pleno en reiteradas ocasións, sen advertencia algunha da Alcaldesa, e todo isto coa complicidade dos seus socios de goberno e investidura.

O Art. 87 do ROF. “ Toda sesión, sexa ordinaria ou extraordinaria, haberá de respectar o principio de unidade de acto e procurarase que termine no mesmo día do seu comezo. Se este terminar sen que se debateron e resolvido todos os asuntos incluídos na orde do día, o Presidente poderá levantar a sesión. Neste caso os asuntos non debatidos haberán de incluírse na orde do día da seguinte sesión”.

Publicacións Relacionadas