HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación estrea a "Facultade Ágora", unha novidosa ferramenta de formación para...

A Deputación estrea a “Facultade Ágora”, unha novidosa ferramenta de formación para que os concellos da provincia transformen o seu espazo público con calidade para as persoas

- Anuncio -spot_img

Mañá venres máis de 210 representantes políticos e técnicos locais asistirán á primeira xornada do curso co urbanista José Fariña e o especialista en medio ambiente urbano Salvador Rueda

O vicepresidente César Mosquera, o concelleiro de Mobilidade de Bilbao Alfonso Gil, e a ex alcaldesa de Torrelodones Elena Biurrum realizarán un coloquio sobre retos e responsabilidades na gobernanza

A Deputación de Pontevedra vai iniciar mañá venres a ‘Facultade Ágora’, unha novidosa ferramenta formativa para que os concellos da provincia transformen o seu espazo público con calidade para as persoas. Están inscritos neste curso máis de 210 representantes políticos e técnicos locais, ademais de preto de medio cento de profesionais de fóra de Galicia, atraídos polo nivel do cadro docente, composto por persoas cunha enorme traxectoria profesional e gran visibilidade internacional, que explicará con conferencias maxistrais e casos prácticos como devolver os espazos de vilas e cidades á veciñanza.

Na primeira xornada participarán o arquitecto e urbanista José Fariña. Licenciado en Dereito, técnico Urbanista do IEAL, mantén un interesante e activo blog no que comenta, con fins docentes, múltiples detalles sobre urbanismo, paisaxe e territorio. Impartiu docencia en numerosos cursos de posgrao en España, Italia, Francia e varios países latinoamericanos.

Tamén estará presente Salvador Rueda, presidente da Fundación de Ecoloxía Urbana e Territorial. Licenciado en Ciencias biolóxicas e Psicoloxía pola Universidade de Barcelona, diplomado en Enxeñería ambiental e en Xestión enerxética, especializouse en diferentes aspectos do medio ambiente urbano desde unha perspectiva integral.

No coloquio final participarán o vicepresidente da Deputación e concelleiro de Infraestruturas no Concello de Pontevedra César Mosquera; o tenente de alcalde e concelleiro da Área de Mobilidade e Sustentabilidade de Bilbao, presidente da Comisión de Transportes, Mobilidade Sustentable e Seguridad Viaria da FEMP, Alfonso Gil; e a alcaldesa de Torrelodones entre os anos 2011 e 2019, e actual directora de gabinete do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migración, Elena Biurrun.

Neste seminario o fin será falar do espazo público como un dereito da cidadanía e aproximarse á relación entre a gobernanza e o espazo público localizando os retos e as responsabilidades de cadaquén, debater sobre as funcións do espazo público e o seu papel dentro da ecoloxía urbana e as particularidades do territorio rururbano desde unha perspectiva de planificación estratéxica, e falar tamén das resistencias que provocan estes procesos e as estratexias de comunicación que conveñen.

Publicacións Relacionadas