HomeO MorrazoMarínO reparto das botelliñas para a limpeza dos ouriños dos cans arrancou...

O reparto das botelliñas para a limpeza dos ouriños dos cans arrancou esta xornada con éxito

- Anuncio -spot_img

Os e as marinenses comezaron esta mañá a recoller as botelliñas que o Concello reparte para os donos dos cans co lema “Limpa o pisete nun periquete”, unha campaña coa que se busca facer un traballo de concienciación de cara á necesidade de limpar os ouriños das súas mascotas para evitar estragos no mobiliario público.
O reparto seguirá estando activo durante esta tarde, de 18.00 a 21.00 horas e o venres, de novo de 12.00 a 15.00 e de 18.00 a 21.00.
As concelleiras Marián Sanmartín e Itziar Álvarez estiveron no reparto desta mañá e aplaudiron o bo funcionamento da campaña, sobre todo tamén no que ten que ver co censo dos cans, que está aumentando e actualizándose.

Publicacións Relacionadas