HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCubela e a directora do colexio de Tenorio supervisan os últimos investimentos...

Cubela e a directora do colexio de Tenorio supervisan os últimos investimentos realizados no patio exterior cuberto deste centro educativo

- Anuncio -spot_img

Entre Xunta e Concello investiron nos últimos tempos máis de 629.000 euros en melloras que van desde a eficiencia enerxética ata a instalación dunha lona protectora para evitar o frío e a choiva e a construción dun muro de contención do terreo exterior
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e a directora do CEIP de Tenorio, Beatriz Sueiro, repasaron os investimentos recibidos recentemente por este centro educativo a través da intervención do Concello e a colaboración económica da Consellería de Educación que sumaron nas últimas actuacións máis de 629.000 euros.
A colocación dunha lona lateral exterior no patio cuberto, cun investimento de 15.500 euros por parte do colexio, a través dunha axuda directa xestionada en xaneiro polo Concello de Cerdedo-Cotobade ante a Consellería de Educación é a última intervención da que se ven
beneficiado o centro educativo de Tenorio.
Xa con anterioridade, e a piques de comezar o presente curso escolar, o Concello de Cerdedo-Cotobade destinou uns 14.000 euros á construción dun muro de consolidación do terreo na parte exterior do recinto educativo, na parque dá contra a estrada nacional N-541 e a ponte peonil escolar alí existente.
Todas estas inversións súmanse á reforma e mellora en eficiencia enerxética afrontada pola Consellería de Educación e que supuso unha mportante obra de substitución do sistema de calefacción existente cun gasto orzamentado nuns 600.000 euros convertindo a este colexio nun exemplo nesta materia ao tempo que se resolvían importantes eivas estruturais que tiña o centro nesta materia.

Jorge Cubela trasladoulle á directora do colexio de Tenorio o agradecemento que ten a veciñanza co corpo docente pola calidade e profesionalidade amosada na súa tarefa cotiá e amosou a súa satisfación porque as xestións realizadas polo Concello de Cerdedo-Cotobade ante a Consellería de Educación foran satisfactorias e hoxendía os 140 nenos e nenas matriculados neste centro conten cunhas instalacións axeitadas e, agora, cunha lona que contribúa a evitar a entrada de auga de choiva pola acción do forte vento e tamén diminuir o frío en época invernal cando o alumnado teña que facer uso deste patio exterior.
“O noso compromiso coa educación dos nosos cativos é fundamental e non escatimaremos nunca ningún esforzo para que os nenos e nenas de calquera dos centros educativos existente en todo o termo municipal de Cerdedo-Cotobade conte coas mellores instalacións, os mellores medios e a habitabilidade que precisan para recibir unha educación libre, gratuíta, pública e de calidade”, indicou o alcalde Jorge Cubela.

Publicacións Relacionadas