HomeA CoruñaConvenio entre o Concello de Fene e a Fundación Humana para a...

Convenio entre o Concello de Fene e a Fundación Humana para a recuperación de roupa usada

- Anuncio -spot_img

A Concellería de Medio Ambiente de Fene ven de asinar un novo convenio coa organización Humana Fundación Pueblo para Pueblo para a recuperación de roupa e calzado a través dunha rede de 6 colectores ubicados en distintos puntos do concello.
A iniciativa ten como obxectivo obter o máximo aproveitamento do téxtil, dándolle unha
segunda vida á roupa para favorecer un modelo de economía circular. Neste senso, o
Concello de Fene “aposta pola re-utilización e a reciclaxe xa que se contribúe ao aforro de
recursos, á protección do medio ambiente e á loita contra o cambio climático”. Ademais,
permite “reducir o volume de residuos que acaban en vertedoiros e axuda a mitigar a
emisión de gases de efecto invernadoiro xa que, por cada kilo de roupa que se reutiliza,
evitase a emisión de 3,169 kg de CO2″.
As prendas depositadas nos colectores de Humana destinaranse nun 53% á re-utilización.
O 36% adoita atoparse nun estado que imposibilita a súa reutilización polo que se vende a
empresas de reciclaxe téxtil. Por outro lado, o 2% son residuos impropios que se poñen en
mans de xestores autorizados, e o 8,5% non se pode reutilizar, reciclar nin valorizar
enerxéticamente polo que se envía a un centro de tratamento de residuos para a súa
disposición final.
O convenio asinado entre a Concellería de Medio Ambiente de Fene e a organización
Humana Fundación Pueblo para Pueblo terá unha duración de dous anos.

Publicacións Relacionadas