HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación aproba preto de 126.000 € para cultura, servizos sociais e...

A Deputación aproba preto de 126.000 € para cultura, servizos sociais e cooperación

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida hoxe en sesión telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión de preto de 126.000 euros en achegas nos ámbitos da cultura, servizos sociais e cooperación cos concellos. No capítulo cultural, deu luz verde a senllas subvencións para gastos de funcionamento ás fundacións Curros Enríquez, por valor de 26.000 euros, e Otero Pedrayo por importe de 35.000 euros, mentres que no ámbito dos servizos sociais aprobouse unha achega de 21.000 euros con destino á Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da comarca de Verín.

No tocante a cooperación, o Concello de Castrelo do Val recibirá unha axuda de 9.866 euros para unha instalación solar fotovoltaica de autoconsumo para as instalacións municipais. Ademais, o Concello de Muíños contará cunha achega de 34.000 euros para o cofinanciamento do plan IDAE 2020, de renovación do alumeado público.

Posteriormente, celebrouse a reunión telemática do Comité de seguimento do COVID-19, onde se analizou a evolución das cifras referidas á pandemia e dos datos correspondentes á modalidade de teletraballo que se desenvolve nos centros e instalacións da Deputación.

Publicacións Relacionadas