HomePontevedraA Xunta axuda aos veciños de Lourido con 12.000 euros para mellorar...

A Xunta axuda aos veciños de Lourido con 12.000 euros para mellorar as súas instalacións

- Anuncio -spot_img
  • Reformouse a cuberta do local social e elimináronse varias barreiras arquitectónicas para aumentar a accesibilidade
    Os veciños do barrio de Lourido, en Soutomaior, xa dispoñen dun novo local social totalmente remodelado e adaptado a persoas con mobilidade reducida. A mellora foi presentada hoxe durante a visita da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o alcalde, Agustín Reguera.
    A actuación financiada polo ente autonómico consistiu nunha reforma da cuberta exterior do centro social e unha mellora en materia de accesibilidade e seguridade. Así, elimináronse as barreiras arquitectónicas existentes coa instalación dunha rampla de acceso e unha varanda de protección no novo soportal da entrada principal. Ademais, para evitar filtracións e mellorar a climatización instalouse unha nova xanela.
    O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou a necesidade de manter estes centros sociais activos nas pequenas parroquias “porque son o auténtico centro de reunión dos veciños, onde se comparten momentos e faise unha verdadeira comunidade”, afirmou o rexedor.
    Pola súa banda, Natalia Prieto destacou a aposta do Goberno galego na colaboración con estas asociacións co obxectivo de contribuír á dinamización e consolidación do movemento veciñal e a mellora da calidade de vida local.
    Este ano a Xunta renovou o investimento de 2,5 millóns de euros para estas axudas, que na convocatoria do ano pasado permitiron levar a cabo obras nos locais sociais e instalacións comunitarias de 190 asociacións da comunidade, así como na adquisición de equipos para o seu funcionamento ou na reparación de traídas de auga veciñais.

Publicacións Relacionadas