Os grupos políticos con representación no Concello de Ourense mantiveron hoxe unha nova xuntanza no salón de plenos para avanzar na elaboración da nova odenanza que regulará o uso de veladores nos espazos públicos. Logo do traballo realizado ata agora, o borrador do documento será trasladado agora ás asociacións que representan aos colectivos que están afectados máis directamente pola nova normativa, como son as asociacións veciñais, da hostalaría e do sector comercial, para que poidan realizar as súas achegas “porque queremos que sexa unha ordenanza de todos e para todos”, segundo asegurou ao remate da xuntanza o alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome




