HomeVigoNigránVERTO únense ao VIVE NIGRÁN 2021!

VERTO únense ao VIVE NIGRÁN 2021!

- Anuncio -spot_img

UN DOS ARTISTAS GALEGOS DO MOMENTO E REVELACIÓN DESTE ANO SON A NOVA CONFIRMACIÓN PARA O XOVES 15 DE JULIO, COMPARTINDO DATA COS XA CONFIRMADOS LOCOPLAYA.

  • O festival regresa na súa 5ª edición ao recinto no que naceu en 2017 –o Campo de fútbol de Monte Lourido– e adaptarase a un formato “especial” con aforos limitados.
  • NATALIA LACUNZA e SIDECARS son os outros dous nomes confirmados ata o de agora para o Venres 16 Julio e Sábado 17 Julio respectivamente. O ritmo de venda de entradas para ambos os concertos está a ser moi alto, o que demostra o enorme interese que espertaron ambos os concertos #ante o seu cada vez máis grande base de fans.
  • LOCOPLAYA son toda unha festa en directo. A terceira confirmación desta edición asegura un concerto divertido e para todos os públicos.
  • VERTO fan música para ‘’facer bailar aos seus colegas’’. A cuarta confirmación desta edición compartirá escenario con LOCOPLAYA o Xoves 15 de xullo, asegurando unha noite chea de festa para todos os públicos. As entradas individuais para velos o xoves 15 xa están dispoñibles a un prezo inicial de 25€ + gastos a través da web de Vive Nigrán e de Ataquilla.

VIVE NIGRÁN conta co apoio da Deputación de Pontevedra, Concello de Nigrán e Xunta de Galicia. Ademais, conta co patrocinio de Vibra Mahou, a plataforma musical de Mahou Cinco Estrella.

 Verto son a sensación do momento e pertencen á nova xeración de mozos galegos que buscan rexurdir a música en galego con sons e letras actuais. O dúo compostelán, formado por Fer e Berto, entrou con forza ao panorama musical galego e promete chegar para quedar. ‘‘ Embora’’ é o seu último disco, estreado fai tan só unha semana, un disco escrito en galego con claras influencias da música pop,  trap e do  R& B máis moderno. Segundo eles, só queren facer música que faga bailar aos seus colegas e non tomarllo moi en serio, pero xa acumulan unha base sólida de fans cunha media de 62.444 oíntes mensuais en  Spotify, sendo ‘‘ Oie  Gayego’’ a súa canción máis coñecida ata o momento cun total de 467.657 reproducións (unha sátira xeracional sobre Galicia, os seus costumes e habitantes).

MEDIDAS COVID-19
O festival estará adaptado á situación actual e aplicaranse as recomendacións, instrucións e medidas protocolarias vixentes sobre materia sanitaria e nivel de aforo, para o correcto desenvolvemento dos concertos.

Publicacións Relacionadas