HomeVigoMosMos, concello pioneiro en entregar aos seus hostaleiros medidores de C02 para...

Mos, concello pioneiro en entregar aos seus hostaleiros medidores de C02 para facilitarlles a adaptación ao Plan de Hostalería Segura de Galicia

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa anunciou hoxe que xa lle fixo o pedido á empresa mosense RodaVigo e que serán entregados a próxima semana doando a empresa Rodavigo o 50% do custe dos dispositivos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou hoxe que o Concello ven de facerlle un pedido á empresa mosense Rodavigo de aparatos medidores de CO2 para todos os negocios de hostelería do municipio, e axudalos así a que se axusten ao Plan de Hostalería Segura de Galicia que esixe garantir a calidade do aire no local.

Deste xeito a alcaldesa declarou ao respecto desta medida municipal de apoio aos hostaleiros que “desde esta administración local consideramos que a hostelería precisa nestes intres máis apoio que nunca por atoparse nunha tesitura enormemente delicada, de xeito que estamos en constante busca de posibles vías de colaboración asumibles desde o Concello e esta é una delas”. A rexedora local mosense informou ademais de que o pedido xa está realizado e a entrega aos hostaleiros dos medidores de CO2 realizarase a vindeira semana.

O xerente da empresa mosense RodaVigo, á que o Concello lle encargou os medidores, Nazario Correa, destaca que atopar un medidor de CO2 non é algo tan sinxelo, non está en calquera tenda de electrodomésticos, aínda que é seguro que se vai a popularizar de forma inmediata.

Coa obrigación de implantar medidores de CO2 para controlar a calidade do aire nos establecementos, e ante as dificultades de atopar estes dispositivos en cadeas de electrodomésticos locais, os propietarios lánzanse de inmediato a Internet, algo que non terán que facer neste caso os hostaleiros mosenses pois disporán do seu medidor a semana que ven do que lle fará entrega o Concello de Mos.

Os distribuidores destes aparatos temen que o caso dos medidores de CO2 sexa similar ao das máscaras, por exemplo, cunha demanda súbita e desproporcionada, que provoque un desabastecemento en pouco tempo. En calquera caso, como subliñan, o medidor é un investimento que se fai unha soa vez e non require ningún tipo de mantemento.

Ademais no caso de Mos existe a alternativa dun distribuidor pioneiro neste material, RodaVigo, grazas ao que o Concello convírtese tamén en municipio pioneiro en obsequiar aos seus hostaleiros con esta nova tecnoloxía obrigatoria a partir do vindeiro 23 de abril.

Cómpre lembrar ademáis que a empresa RodaVigo é a que a pasada primavera lle doou ao Concello de Mos 2.000 mascarillas infantís FFP2 para repartir entre nenos e nenas mosenses de 3 a 14 anos de idade.

Publicacións Relacionadas