HomePontevedraO CondadoAberto o prazo de alegacións de dous meses para presentar reclamacións á...

Aberto o prazo de alegacións de dous meses para presentar reclamacións á aprobación inicial do Inventario Municipal de Bens e Dereitos do concello de Salvaterra de Miño

- Anuncio -spot_img

O Xoves 15 de abril publicase no Boletín Oficial da Provincia a aprobación inicial do Inventario Municipal de Bens e Dereitos do Concello de Salvaterra, onde se recolle entre outros a definición de camiños públicos e bens municipais, e polo tanto ábrese un prazo de dous meses, que rematarán o 16 de xuño, para presentar as alegacións ao mesmo.

A situación sanitaria imposibilita que se poidan facer reunións nas parroquias informando do mesmo, polo que dende o Concello ponse a disposición de todos os seus veciños e veciñas o inventario, para revisar e presentar as alegacións pertinentes, na páxina web do Concello (ftp://ftp1.concellodesalvaterra.gal/INVENTARIO/INV_PDF/ – utilizar navegador explorer ou mozilla), ademais os mapas e as fichas estarán a disposición no Salón de Plenos ou en secretaria do Concello.

Publicacións Relacionadas