Participarán 900 alumnos e alumnas de 16 centros da cidade
Os obradoiros inclúen simulacións de diferentes situacións, coma as técnicas de reanimación cardiopulmonar RCP e os protocolos COVID19
O concelleiro de Educación, Armando Ojea, visitou esta mañá o IES 12 de Outubro no primeiro día dos obradoiros de primeiros auxilios que o Concello de Ourense desenvolve nos CEIPS e IES da nosa cidade, dirixidas a alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos, e no que participarán preto de 900 alumnos e alumnas da cidade de 16 centros educativos.
Os obradoiros teñen unha parte teórica e outra práctica, na que os alumnos participarán activamente na simulación de diferentes situacións e inclúen contidos coma primeiros auxilios no caso dun accidente, actuacións no caso dun accidente no fogar, que se debe e non se debe facer, técnicas de reanimación cardiopulmonar RCP ou protocolos COVID19
A Concellería de Educación organiza esta actividade dentro do Programa de Educación Viaria, Prevención e Seguridade.




