HomeOurenseAs humanidades na era dixital, a debate no ciclo de conferencias 'Os...

As humanidades na era dixital, a debate no ciclo de conferencias ‘Os Venres con Intelixencia Artificial’

- Anuncio -spot_img

O relatorio poderá verse na canle de vídeos do Centro de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense o venres 23 ás 12.00 horas: https://youtu.be/pD3pFhIrvXQ

A segunda edición do ciclo de conferencias ‘Os venres con IA’, desenvolvido polo Centro de Intelixencia Artificial do concello de Ourense coa colaboración da UNED, achega este venres 23 de abril -ás 12:00 horas- o relatorio “Procesamento da linguaxe natural nas humanidades dixitais”, a cargo da profesora Ana García Serrano.

Os perfís con coñecementos de humanidades dixitais están a ser moi solicitados por institucións, museos, departamentos de dinamización cultural de empresas, entre outros. García Serrano definirá o concepto do que se entende como humanidades dixitais presentando casos prácticos de éxito e amosando a implantación das tecnoloxías no campo das humanidades, tanto para procesar información textual e multimedia ou para a xestión e visualización de datos, como para achegar novas aproximacións que faciliten o pensamento e a investigación humanista.

O relatorio poderá verse na canle de vídeos do Centro de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense: ENLACE

Máis información: www.intelixencia-artificial.ourense.gal

Publicacións Relacionadas