O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o tenente de alcalde, Armando Ojea asistiron onte á cerimonia de apertura da VI Capital da Cultura do Eixo Atlántico, que tivo lugar no Altice Forum de Braga, onde mantiveron encontros co presidente da Cámara Municipal de Braga e presidente do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, Ricardo Rio, e outros rexedores do Norte de Portugal.
Unha vez pase a pandemia, o alcalde visitará diferentes cidades portuguesas para refozar lazos e estudiar vías de colaboración, como xa realizara en meses pasados con Montealegre e Santa María de Feira.
Tamén asistiu ao acto Jorge Pumar, en representación da Deputación de Ourense.




