HomePontevedraOs populares da cidade de Pontevedra alíñanse coa petición do PP provincial...

Os populares da cidade de Pontevedra alíñanse coa petición do PP provincial de explorar novas alternativas para a ampliación do Museo

- Anuncio -spot_img

A concelleira popular e deputada provincial, Pepa Pardo, coordinará a comunicación entre o grupo municipal e o provincial, que formarán unha fronte común contra unha obra “totalmente agresiva co centro histórico pontevedrés”

Nas próximas semanas, ambos os grupos comezarán de maneira conxunta reunións cos diferentes sectores e colectivos que se expresaron en contra da reforma subterránea proposta pola Deputación e o Concello

A concelleira popular e deputada provincial, Pepa Pardo, coordinará a comunicación entre o grupo municipal e provincial do PP pontevedrés, os cales formarán unha fronte común para que a Deputación e o Concello exploren “novas alternativas” á ampliación subterránea do Museo da cidade. A proposta, “que é totalmente agresiva co centro histórico de Pontevedra”, xa provocou que veciños, comerciantes e técnicos opuxéronse frontalmente á obra. Nesta liña, os populares iniciarán nas próximas semanas encontros formais cos axentes implicados, para trasladar as súas demandas e posicións ás administracións implicadas.

“Buscamos que a Deputación sexa receptiva coa sociedade pontevedresa, que a escoite, que a teña en conta para levar a cabo un proxecto que xa xerou o rexeitamento de numerosos colectivos”, mantivo Pardo. Son máis 1.000 as persoas que asinaron mostrando o seu rexeitamento á ampliación subterránea: “Cando arquitectos, artistas, comerciantes e veciños din que non á reforma, porque a ven innecesaria e prexudicial, a Deputación e o Concello deben reconsiderar a súa postura. Non facelo é ir en contra do que pide a cidade”.

Nas reunións cos afectados, Pardo contará con Pablo Fernández, concelleiro dos populares de Pontevedra e que forma parte da Comisión de Urbanismo no Concello de Pontevedra. Fernández fará de nexo entre a información deste órgano colexiado e as reunións que leven a cabo. Ademais, os populares adiantaron que levarán unha moción sobre a procura de alternativas ao próximo Pleno municipal.

Publicacións Relacionadas