HomePontevedraA Biblioteca da Xunta de Pontevedra Antonio Odriozola celebra o Día do...

A Biblioteca da Xunta de Pontevedra Antonio Odriozola celebra o Día do Libro cun obradoiro de “BookTUBERS”

- Anuncio -spot_img

A actividade desenvolverase o venres co obxectivo de divulgar o mundo literario na canle de vídeos YouTube

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, xestionada pola Xunta, únese á celebración do Día internacional do libro, este venres, cun obradoiro para booktubers. Co gallo desta conmemoración, no centro tamén podes visitarse ata finais de mes as mostras Libros sobre libros e Imaxina palabras.

Dirixido á mocidade a partir de 14 anos e a adultos, o obradoiro para booktubers terá lugar o día 23 de 18,00 a 20,00 horas. A través del, as persoas asistentes iniciaranse na creación de contidos sobre literatura na canle de vídeos YouTube, afondando no proceso audiovisual para crear as primeiras pezas de vídeo e nos diferentes formatos propios de booktubers. Trátase así de favorecer o achegamento ao mundo literario que habita nesa canle, como os crecentes clubs de lectura. Ademais, os asistentes recibirán un agasallo ao final. Para participar cómpre inscribirse previamente na web da biblioteca.

Ademais esta semana instalouse o centro de interese Libros sobre libros, unha mostra bibliográfica de volumes de ficción que reivindican a lectura e as publicacións como eixe da acción. Lectores, bibliotecas ou librarías son algúns dos protagonistas desta mostra a prol de achegar o lector ao mundo da creación dun libro. Poderá visitarse ata o día 30 no segundo andar do centro bibliotecario.

Outra mostra aberta ao público ata final de mes céntrase nunha selección de libros infantís de autores galardoados co Premio Hans Christian Andersen, titulada Imaxina palabras.

Publicacións Relacionadas