Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega convocou, gradualmente e vía SMS telefónico, á poboación de Meis dentre 20 a 64 anos de idade con tarxeta sanitaria activa no centro de saúde deste Concello, colectivo que nesta localidade acada as 2.213 persoas.
Os cribados poboacionais con PCR con mostra nasofarínxea efectuados en pasadas datas no Concello de Meis pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés detectaron un total de tres casos positivos de COVID 19 nesta localidade.
Cómpre lembrar que este cribado voluntario tivo lugar no pabellón de deportes de Mosteiro as mañás e tardes dos pasados luns 19 e martes 20 de abril de 2021 nesta localidade.
Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega convocou, gradualmente e vía SMS telefónico, á poboación de Meis dentre 20 a 64 anos de idade con tarxeta sanitaria activa no centro de saúde deste Concello, colectivo que nesta localidade acada as 2.213 persoas.
61,23 por cento da convocatoria voluntaria
Finalmente, achegáronse a efectuar o cribado un total de 1.355 cidadáns, cifra que representa unha porcentaxe do 61,23 por cento da convocatoria voluntaria.
Para levar a cabo este cribado, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés contou no pabellón de deportes de Mosteiro con dous equipos de enfermaría en cada turno, que efectuaron tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras nasofarínxeas e información aos usuarios.




