• Arbo, xa ten o cartel que anuncie as súas festas máIs emblemáticas tras un desputado concurso con propostas chegadas de todas partes de España.
• O artista Navarro Maximiliano Cosatti, proclamouse gañador do concurso de Carteis LXI Festa da Lamprea coa súa obra Aromas de Arbo.
A Festa da Lamprea cumpre este ano a súa edición número 61 e representa para Arbo unha das datas máis importantes do calendario.
O 2 de abril de 2016 a Festa da Lamprea foi declarada de Interese Turístico Nacional, pola súa singularidade, arraigo, tradición e continuidade no tempo. Con este recoñecemento a Festa da Lamprea, cume da temporada lampreeira, exemplifica e festexa o papel da gastronomía coma arte de transcendencia económica, social e cultural, mais tamén, como vértebra da vida colectiva.
As máis de 30 propostas chegadas dende Sevilla, Murcia, Lleida, Ciudad Real, Jaén, Navarra e dende diversos lugares de Galicia, foi valorado por un xurado integrado por profesionais da imaxe, da hostalaría, representantes de asociacións culturais de Arbo…. que valoraron a calidade técnica, a orixinalidade, a innovación do deseño e a facilidade de identificar e transmitir os sinais de identidade de Arbo.
Dende o Concello de Arbo, a pesar de que este ano no se vaian a celebrar as festas de maneira tradicional, decidiuse manter este concurso como unha actividade máis que oferta para promover a Lamprea e a Festa da Lamprea, ademais o cartel gañador servirá para ilustrar as actividades que se realicen durante o ano con motivo da LXI Festa da Lamprea.
Hai un cartel gañador pero non haberá Festa da Lamprea, alomenos no formato que todos os veciños e veciñas de Arbo recordan, a causa das medidas sanitarias, para evitar aglomeracións e posibles contaxios, sen embargo durante os días da Festa haberá actuacións musicais polas rúas e ao longo do ano, sempre que a crise sanitaria o permita, intentarase recuperar algunha das actividades habituais da Festa da Lamprea.
“Un concurso que cada ano vai acadando maior prestixo, no que se presentan deseños de toda a xeografía española, con moita calidade, forza e matices e que o xurado valorou positivamente a calidade e cantidade dos traballos presentados” – informa o alcalde, Horacio Gil, sobre un concurso que naceu da súa man durante os seus anos de Concelleiro de Cultura, así como o concurso de carteis e redacción para os alumnos e alumnas do CEIP Antonio Carpintero.
Xunto co gañador navarro que acadou o primeiro premio, foron seleccionados Juan Francisco Castro Fernández de Sevilla co cartel “A de Arbo” que acadou o segundo premio e Tania González Martinez de Vigo que acadou o terceiro premio co cartel “Azul de Prusia”
Será durante a ‘Gala da Lamprea’, que este ano, por mor da crise sanitaria, terá lugar en agosto, cando se fará entrega dos premios aos gañadores, deste concurso xa consolidado a nivel nacional.
“Desde aquel 1961, primeira Festa da Lamprea, Arbo celebrou ininterrompidamente 60 edicións da que é a nosa festa máis importante, e tamén das máis antigas de España. Miles de asistentes abarrotan cada ano os restaurantes da vila e os puntos de degustación situados no recinto, ‘Arbomostra’, onde se presentan racións de lamprea preparada de distintas formas xunto aos adegueiros do municipio que ofrecen os seus mellores viños” remata o edil Horacio Gil




