HomeOurenseO Concello denuncia na Policía Nacional a desaparición da estatua 'Home', de...

O Concello denuncia na Policía Nacional a desaparición da estatua ‘Home’, de Xosé Cid, do parque do Miño

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense puxo en coñecemento da Policía Nacional, esta mesma tarde, a desaparición da estatua de bronce Home, de Xosé Cid, do seu emprazamento no parque do Miño.

Infórmase tamén do intento de subtracción das estatuas Serea aleitando un fillo, de Arturo Baltar, actualmente no taller do artista para a súa reparación, e de Maternidade, de Manuel Buciños, almacenada nas instalacións da empresa concesionaria da limpeza, Ecourense, a mesma que se encargou de recollela e de custodiala.

Publicacións Relacionadas