HomeVigoPazos de BorbénPazos de Borbén renova a numeración de todas as casas do minicipio...

Pazos de Borbén renova a numeración de todas as casas do minicipio para mellorar o servizo a domicilio

- Anuncio -spot_img
  • Tamén se está dixitalizando todo o rueiro
    Un dos grandes cambios que trouxo a pandemia é o incremento na compra en liña e a repartición a domicilio. Un servizo que, no rural, ás veces supón un esforzo extra para os repartidores e pode ocasionar atrasos e molestias nas entregas aos veciños. Para solucionar esta situación, o Concello de Pazos de Borbén decidiu renovar a numeración de todas as casas do municipio cunha nova sinalización.
    “Os repartidores cambian segundo a empresa ou a quenda, e a maioría non coñecen a fondo as nosas parroquias polo que ás veces non teñen unha situación exacta na que deixar as súas mercadorías”, explicou o alcalde, Andrés Iglesias, que indicou que “isto xera atrasos e molestias de todo tipo aos veciños”.
    Coa instalación da nova numeración, desde o Concello esperan que esta situación soluciónese xa que as novas placas “teñen unha información máis completa, co número da casa e o nome da rúa ou o lugar”, explicou Iglesias, que engadiu que, ademais, “achegan unha imaxe máis uniforme a todo o municipio e unha referencia facilmente reconocible”.
    Os traballos de instalación das novas placas darán comezo nas próximas semanas. Operarios dunha empresa especializada percorrerán todo o municipio para informar os veciños e instalar a nova rotulación. Os veciños que non poidan estar nos seus domicilios para a instalación poderán recoller as súas novas placas na Casa do Concello.
    Dixitalización do rueiro
    Previamente aos traballos de instalación da nova numeración, o Concello está a levar a cabo unha dixitalización de toda a rede de camiños e estradas do municipio. Unha mellora que permitirá manter actualizada a cartografía municipal e que ademais facilitará as tarefas de consulta necesarias en diversos trámites urbanísticos, “tanto por parte dos veciños como da propia administración pública”, finalizou o alcalde.

Publicacións Relacionadas