HomeO MorrazoCangasVictoria Portas citará novamente ás ANPAS de Cangas, para informalas sobre o...

Victoria Portas citará novamente ás ANPAS de Cangas, para informalas sobre o Plan Madruga

- Anuncio -spot_img

Victoria  Portas  tentou  por  todos  os  medios  arrincar  un compromiso da Xunta de Galicia para executar o Plan Madruga, recibindo un “NON” por resposta

A alcaldesa Victoria portas estivo os últimos días en contacto cos responsables da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, para solucionar un problema perentorio que sofren todos os pais e nais que en pleno século XXI non se pode comprender, un problema tan sinxelo como tentar de compatibilizar os horarios laborais daquelas persoas que comezan ás 8 da mañá co dos colexios dos seus fillos que non o fan  ata ás 9 da mañá no mellor dos casos.

Por este motivo, as ANPAS de Cangas solicitaron hai uns días unha entrevista coa alcaldesa, para que fixera de intermediaria, e conseguise liquidar este problema cun sistema, que xa se esta utilizando noutros centros escolares “O PLAN MADRUGA”, que consiste en que os país e nais, que así o necesiten poidan deixar aos seus fillos antes de que comecen as clases no centro, e alí encárganse de darlles o almorzo e acompañalos ata a hora de entrada nas súas aulas.

Conxuntamente Victoria e máis a concelleira de Educación realizaron varias comunicacións coa Xunta de Galicia, concretamente con responsables da Xefatura Territorial dá Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dá Xunta de Galicia, recibindo a contestación de  que este servizo non se pode tramitar igual que os comedores escolares, que non realizan en ningún centro ese servizo, e que son as ANPAS as que se encargan de organizar e realizar “O PLAN MADRUGA” en cada centro.

Aproveitando o encontro, e explicando a situación económica de numerosas familias, ocasionada pola pandemia COVID-19, que agora teñen que axustar presuposto familiar para chegar a fin de mes,  conseguiu o compromiso de manter o prezo de comedor sen ningún tipo de subidas. Nos próximos días, Portas ten a intención de volver convocar ás ANPAS para informalas en persoa, e ao mesmo tempo, propoñerlles varias solucións, para que poidan implementar este servizo nos centros escolares de Cangas, ofrecéndolle o  maior apoio e asesoramento dende o concello e dende a concellaría de Educación, velando polos intereses das familias e da súa necesidade de conciliación.

Publicacións Relacionadas